26/4/20

“BÓTANOS UNHA MAN E FAI UN VÍDEO CON UN REFRÁN”



Desde os Equipos de Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega, tiñamos previsto continuar coa campaña “Bótanos unha man e leva libros por un refrán”. 


Dadas as circunstancias nas que nos atopamos non é posible levar a cabo
a campaña de expurgo, pero si podemos continuar coa nosa recompilación de
refráns. 

Aproveitando que se achega o 1 de maio, Día Internacional dos traballadores,
e que “Os nosos Oficios” é o proxecto deste curso, a proposta é a seguinte:

- Escoller un refrán dun oficio que vos guste (preferiblemente en galego).
- Gavar un vídeo dicindo o refrán.
- Enviar o vídeo ao correo: muinhos.curuxa.gal@gmail.com
- Período de entrega: Do 27 de abril ao 3 de maio inclusive.



Agradecemos de antemán a vosa participación.


Animádevos a participar!




No hay comentarios:

Publicar un comentario