Os equipos de Dinamización da Lingua Galega e de Biblioteca agradecen, ata o infinito e moito máis, ao alumnado e familias participantes no Concurso de Lectura de Poesía en voz alta "Oficios en verso": Pedro, Diego, Andrés, Xoel, Rafa, Antonio, Claudia, Dani, Xavi, Daiana, Anxo e Brais.
Fixéstedelo tan ben, que nos resultou moi complicado escoller un gañador por ciclo polo que a decisión unánime é a seguinte: Unha ducia de participantes, unha ducia de gañadores.
Sabedes que estamos pasando unha situación complicada polo que a entrega de diplomas e agasallos a cada un dos gañadores farase en canto volvamos ao colexio. Recorda "#euquedonacasa".

Aquí vos deixamos os poemas do concurso e os participantes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario