Achégase o día 23 de abril, Día Mundial do Libro e dos dereitos de autor, conmemoración a nivel mundial celebrada co obxectivo de fomentar a lectura, a industria editorial e a protección da propiedad intelectual por medio dos dereitos de autor.
O escritor Manuel Gago, referente da literatura galega, creou un texto para o Día do Libro 2020.
Desde o noso colexio estaba previsto celebrar esta data cun maratón de lectura no que sempre participa alumnado, mestres, familias e persoal non docente.
Tamén contabamos coa visita moi especial do escritor Héctor Cajaraville, autor dun dos libros escollidos polo club lectura de 5º e 6º do noso centro.
Dada a situación que estamos vivindo non podemos celebralo como estaba previsto por iso, desde o equipo de Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega, temos unha proposta aberta a toda a comunidade educativa: alumnado, mestres, familias e persoal non docente.
A proposta é a seguinte:
- Escoller un libro que vos guste, que teñades na casa ( preferiblemente en galego).
- Sacar unha foto mostrando a portada e gravar un vídeo lendo un anaquiño de calquera capítulo do libro.
- Mandar a foto e o vídeo ao correo muinhos.curuxa.gal@gmail.com.
- Período de entrega: do 15 ao 22 de abril.
- Publicaranse os vídeos no blog o 23 de abril para celebrar o Día do Libro cun maratón de lectura desde cada unha das vosas casas.

No hay comentarios:
Publicar un comentario