Na semana do 17 ao 21 de febreiro os equipos de Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega propuxeron unha actividade colaborativa titulada "Adios ríos, adios fontes".
A actividade consistiu en:
1.- Decorar a imaxe de Rosalía con gran variedade de materiais plásticos expostos no mural que está diante da porta da biblioteca.
A actividade era voluntaria e houbo moita participación por parte do alumnado.
Aquí tedes o vídeo resume da actividade:
2.- Ilustrar o poema "Adios ríos, adios fontes". Todo o alumnado desde Infantil a 6º E.P. participou na actividade. Repartíronse as estrofas por cursos e ilustráronse nas aulas para posteriormente pegalas no mural.
5º6º Infantil
Adios ríos, adios fontes;
adios regatos pequenos
adios vista dos meus ollos
non sei cando nos veremos.
4º Infantil
Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criei
hortiña que quero tanto
figueiriñas que prantei.
1º2º E.P.
Prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento
paxariños piadores
casiña do meu contento.
Muíño dos castañares
noites craras do luar,
campaniñas timbradoras
da igrexiña do lugar.
3º E.P.
Amoriñas das silveiras
que eu lle daba ó meu amor,
caminiños antre o millo,
adios, para sempre adios!
Adios gloria! Adios contento!
deixo a casa onde nacín,
deixo a aldea que conozo
por un mundo que non vin!
4º E.P.
Deixo amigos por extraños,
deixo a beiga polo mar,
deixo, en fin, canto ben quero...
que pudera non deixar!
Adios, adios, que me vou,
herbiñas do camposanto,
donde meu pai se enterrou,
herbiñas que biquei tanto.
Terriña que nos criou.
5º E.P.
Xa se oien lonxe, moi lonxe,
as campanas do Pomar;
para min, ai! coitadiño,
nunca máis han de tocar.
Xa se oien lonxe, máis lonxe
cada balada é un dolor;
voume soio, sen arrimo...
Miña terra. Adios! Adios!
6º E.P.
Adios tamén queridiña!
Adios por sempre, quizais!
Dígoche este adios chorando
desde a beiriña do mar.
Non me olvides, queridiña,
se morro de soidás...
tantas légoas mar adentro...
Miña casiña! Meu lar!
Adios ríos, adios fontes,
adios, regatos pequenos.
Adios vista dos meus ollos´
non sei cando nos veremos.
Cada curso pegou cadanseu poema ilustrado.
Remata a actividade recitando cada curso a estrofa que ilustrou.
No hay comentarios:
Publicar un comentario