23/3/20

CONMEMORACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA

 

Cada 24 de febreiro conmemórase o nacemento de Rosalía de Castro, a poeta de referencia da lingua galega.

O noso colexio celebrou na biblioteca o seu aniversario o 28 de febreiro, sumándose á Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega baixo o lema Errantes polo mundo a través de diversas actividades propostas polos equipos de Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega. 
"Adios ríos, adios fontes" de Cantares Galegos é o poema escollido para tratar o tema da migración. 


No recreo da mañá houbo un recital de poemas da poeta: VERSOS DE ROSALÍA.








Participou moito alumnado, uns lendo e outros escoitando. 












Aquí tedes o vídeo do recitado de poemas de Rosalía.
Entrega de marcapáxinas a todos os participantes: lectores e ouvintes. 



Na Hora de Ler xuntámonos para ver o vídeo "Tempos de Rosalía" e recitar o poema musicado "Adios ríos, adios fontes"
Presentou o acto o alumnado do Voluntariado da biblioteca.
 "Tempos de Rosalía"
Poema musicado "Adios ríos, adios fontes"

No hay comentarios:

Publicar un comentario