23/3/20

FESTIVAL : CARNAVAL DE OFICIOS



O venres 21 de febreiro celebramos no noso colexio o Festival de Entroido "Carnaval de oficios" que este ano tivo como temática "Os oficios tradicionais galegos".


Participamos todos: alumnado, mestres e persoal non docente. Houbo unha grande afluencia de familias e amigos que quixeron compartir connosco este festival. 
A Chiquitropa, con moito ritmo,  saíu polos corredores do colexio e detrás empezaron a desfilar todos os oficios protagonistas deste curso escolar cara o ximnasio, lugar onde nos xuntamos todos para desfrutar o Entroido. 



Da comezo ao festival a Chiquitropa( 1º e 2ºE.P.) interpretando unha versión da canción de Teresa Rabal que titulan: 

"OS NOSOS OFICIOS NESTE CARNAVAL"




A continuación desfilan os granxeiros de 4º Infantil. Interpretan unha canción que titulan:
"O entroido vai comezar"



Os zapateiros de 5º6º Infantil xa están en escea. 

Cántannos unha canción que titulan:"É a hora dos zapateiros"



Os redeiros e palilleiras de 1º e 2º están preparados para a súa disputa dialéctica.  Cantaron unha regueifa que titulan:
"Enredo de bolillos"





É a quenda dos oleiros de 3º. 


Cantan e bailan unha canción que titulan : "Baila cos oleiros"


E aquí están en escena os cesteiros de 4º. Cantan e bailan unha canción que titulan
 "Vive o entroido"



 Chegou a quenda dos mariñeiros de 5º. Deléitáronnos cunha comparsa que titulan:
"Os de quinto andamos ao mar"












Dan remate a este festival de oficios, os carpinteiros de 6º. Cantaron unha canción que titulan:

"Entroidoficios"














O noso agradecemento a todo o alumnado, persoal non docente, mestres e familias. Sen a vosa implicación e colaboración, nada disto sería posible.


No hay comentarios:

Publicar un comentario