Desde os Equipos de Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega, tiñamos previsto continuar coa campaña “Bótanos unha man e leva libros por un refrán”. Dadas as circunstancias nas que nos atopamos non é posible levar a cabo a campaña de expurgo, pero si podemos continuar coa nosa recompilación de refráns. Aproveitando que se achega o 1 de maio, Día Internacional dos traballadores, e que “Os nosos Oficios” é o proxecto deste curso, a proposta é a seguinte:
- Escoller un refrán dun oficio que vos guste (preferiblemente en galego).
Grazas á gran participación das familias, alumnado, mestres e persoal non docente na proposta para o 23 de abril, Día Mundial do Libro, imos levar a cabo o maratón de lectura coma estaba previsto, pero desde as casas.
Empeza o maratón de lectura as familias...
Leticia, nai de Ainhoa de Jorge: "Tomate, pataca e pemento"
"A que sabe a lúa?"
Rosario, nai de Carla: "O Carballo con botas"
Belén, nai de Gabriel e Nerea: "Os enredos de Olalla"
Teresa, nai de Antonio: Os Bolechas teñen un dinosaurio"
Sofía e Claudia: "Cartas en el bosque"
Ana, nai de Pedro e Diego: "O pastel dos venres"
Isabel, nai de Chloe: "O coello Lolo"
Continúa o alumnado de 1º E.P.
Ana: "O corvo Roque"
Antonio: "Corre, corre cabaciña"
Marina: "Os tres porquiños"
Max: "De onde ven o leite?"
Nico e Pilar: " A galiña azul"
Thalía: "Dona soñadora"
Anxo: "A nena de auga e o príncipe de lume"
Estela: "Os Bolechas aumentan a familia"
Nerea: "Os enredos de Olalla"
Paula: "O meu gato é un poeta"
Segue o alumnado de 2º E.P.
Iago: "Flexiflai non foi ao festival"
Pablo: "O bigote de Mimi"
Pedro: "O pastel dos venres"
Andrés: "Pippi mediaslongas"
Continúa o alumnado de 3º E.P. Carla L.: "Os Bolechas van ao Gac Costa da Morte"
Diego: " O pastel dos venres"
Antía: "Bichos. El maravilloso mundo de Dot"
Jonatan: "Orellas de coello"
Carla: "La diversión de Martina"
Rafa: "As trenzas do avó"
Estiven: "Nena de flan"
Iván: "A casa da MOSCA CHOSCA"
Mauro: "El principito"
Xabier: "Ruídos, sombras e medos"
Despois dun pequeno descanso, prosegue o alumnado de 4º E.P. Manuel: "O libro da Illa de Ons"
Antón: "Os Bolechas, animais do bosque"
Noa: "El pequeño Rito"
Con moitas gañas, continúa o alumnado de 5º E.P. Brais: "Kusuma"
Luc: "A cazadora de estrelas"
Xoel: "As lágrimas de Shiva"
Despois do xantar, e xa metidos na tarde, lenosCandela (6ºE.P.) e a súa nai Montserrat: "A peripecia de Roi"
Segue o persoal non docente: Luisa: "Barriga verde"
Pablo: "Aventuras de Arthur Gordon Pym"
Dan remate a este maratón de lectura os mestres: Aurelia: "Costa do Solpor"
María C.: "A galiña azul"
María José A.: "Escarlatina, a cociñeira defunta"
María José: "Que me queres, amor?"
Sara: "Os tres porquiños"
Sandra: "La nueva educación"
Jessica: "O misterio dos fillos de Lúa"
O noso agradecemento a todos os que fixéchedes que isto fora posible.
Achégase o día 23 de abril,Día Mundial do Libro e dos dereitos de autor, conmemoración a nivel mundial celebrada co obxectivo de fomentar a lectura, a industria editorial e a protección da propiedad intelectual por medio dos dereitos de autor.
O escritor Manuel Gago, referente da literatura galega, creou un texto para o Día do Libro 2020.
Desde o noso colexio estaba previsto celebrar esta data cun maratón de lectura no que sempre participa alumnado, mestres, familias e persoal non docente.
Tamén contabamos coa visita moi especial do escritor Héctor Cajaraville, autor dun dos libros escollidos polo club lectura de 5º e 6º do noso centro. Dada a situación que estamos vivindo non podemos celebralo como estaba previsto por iso, desde o equipo de Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega, temos unha proposta aberta a toda a comunidade educativa: alumnado, mestres, familias e persoal non docente. A proposta é a seguinte: - Escoller un libro que vos guste, que teñades na casa ( preferiblemente en galego). - Sacar unha foto mostrando a portada e gravar un vídeo lendo un anaquiño de calquera capítulo do libro. - Mandar a foto e o vídeo ao correo muinhos.curuxa.gal@gmail.com. - Período de entrega: do 15 ao 22 de abril. - Publicaranse os vídeos no blog o 23 de abril para celebrar o Día do Libro cun maratón de lectura desde cada unha das vosas casas.
No segundo trimestre iniciamos o proxecto "Contos de oficios" no que as familias , os venres no recreo da mañá, teñen o seu espazo na biblioteca contando contos da temática do PDI "Os nosos oficios".
Estaba previsto, para o venres 13 de marzo que Ana, a nai de Pedro e Diego contara "Amaranta, a carteira samaraganta", pero non puido ser porque iniciaba esta situación de confinamento.
Nestes días recibimos a súa proposta de ler o conto na casa e gravalo para que todos podamos desfrutalo.
Hoxe, 13 de abril, Ana, a nai de Pedro e Diego le, para todos nós, "Amaranta, a carteira Samaraganta".
O 3 de abril tiñamos previsto rematar o segundo trimestre co Festival de Poesía "Oficios en verso".
Dada a situación de confinamento que estamos vivindo desde o venres 13 de marzo, os equipos Dinamización da Lingua Galega e Biblioteca propuxemos ás familias inventar e recitar poesías relacionadas co PDI "Os nosos oficios" e o "Coronavirus". Dada a gran participación das familias, imos dar remate a este trimestre como estaba previsto, pero, desde as casas.
Os nosos oficios e Coronavirus é o lema!
Inicia este festival, a familia de Jorge e Ainhoa co poema
"Os granxeiros ó noso"
Continúa a familia de Alma co poema:
"Aquí estamos os granxeiros"
Chega a quenda da familia de Gabriel e Nerea cos poemas:
"Granxa Gabriel"
"Xuntos palillando"
Agora imos escoitar á familia de Yoel, que nos vai recitar:
"Granxeiros e granxeiras"
A familia de Arya xa está en escena co seu poema:
"Zapateiros, dentro"
Agora temos o gusto de escoitar á familia de Carla, que nos recita:
"O zapateiro enfadado"
A familia de Estela, ten todo a punto para deleitarnos co poema:
"Palilleiras en tempo de Coronavirus"
É a quenda da familia de Anxo co recita: "Palilleiras e redeiras"
E agora, escoitamos á familia de Marina: "Palilleiras e redeiras, na casa"
Continuamos co poema da familia de Thalía: "Son unha palilleira"
A familia de Paz, xa está preparada para recitarnos: "Palilleiras contra Coronavirus"
Agora escoitamos o poema da familia de Jonatan: "Son oleiro"
Continúa a familia de Rafa co seu poema: "A olaría"
A familia de Xabi recita: "Os oleiros"
Remata este festival, a familia de Brais, co poema: "O mariñeiro non está contento"
O noso agradecemento ao alumnado e familias participantes neste festival, porque sen a vosa participación, isto non sería posible.
Os equipos de Dinamización da Lingua Galega e de Biblioteca agradecen, ata o infinito e moito máis, ao alumnado e familias participantes no Concurso de Lectura de Poesía en voz alta "Oficios en verso": Pedro, Diego, Andrés, Xoel, Rafa, Antonio, Claudia, Dani, Xavi, Daiana, Anxo e Brais. Fixéstedelo tan ben, que nos resultou moi complicado escoller un gañador por ciclo polo que a decisión unánime é a seguinte: Unha ducia de participantes, unha ducia de gañadores. Sabedes que estamos pasando unha situación complicada polo que a entrega de diplomas e agasallos a cada un dos gañadores farase en canto volvamos ao colexio. Recorda "#euquedonacasa".
Aquí vos deixamos os poemas do concurso e os participantes.
En vistas da chegada de novos vídeos, abrimos o prazo para o Concurso de lectura de poesía por se alguén máis quere participar. Recibimos os vídeos dos irmáns Anxo e Brais.
A Coordinadora do Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) colabora coa Coordinadora de Educación Infantil na creación de "Queda Na Casa", un vídeo no que o alumnado de Educación Infantil do CEIP OS MUÍÑOS agradece a labor e o esforzo de todos os traballadores e traballadoras do Hospital "Virxe da Xunqueira" de CEEdurante estes momentos tan complicados.