Retomamos a actividade do blog neste novo curso escolar celebrando o Día das Escritoras.
Pero...sabedes por que se celebra este día?
A Bibilioteca Nacional de España celebra cada ano esta data, dende o 2016, co obxectivo de reivindicar o labor e o legado literario das mulleres.
O lema deste ano é "As amigas como forma de liberdade", xa que se conmemora o centenario da creación do Lyceum Club Feminino, unha institución que serviu para impulsar a participación das mulleres na vida intelectual, artística e pública.
Dende o EDLG, en colaboración coa Biblioteca Escolar unímonos á celebración desta data, visibilizando a obra de varias autoras que foron e son parte da literatura galega, dende as homenaxeadas na historia das Letras Galegas ata aquelas nadas na Costa da Morte como Concha Blanco ou María Canosa.