22/10/26

DÍA DAS ESCRITORAS

 

Retomamos a actividade do blog neste novo curso escolar celebrando o Día das Escritoras.


 Pero...sabedes por que se celebra este día?


A Bibilioteca Nacional de España celebra cada ano esta data, dende o 2016, co obxectivo de reivindicar o labor e o legado literario das mulleres.     

O lema deste ano é "As amigas como forma de liberdade", xa que se conmemora o centenario da creación do Lyceum Club Feminino, unha institución que serviu para impulsar a participación das mulleres na vida intelectual, artística e pública.


Dende o EDLG, en colaboración coa Biblioteca Escolar unímonos á celebración desta data, visibilizando a obra de varias autoras que foron e son parte da literatura galega, dende as homenaxeadas na historia das Letras Galegas ata aquelas nadas na Costa da Morte como Concha Blanco ou María Canosa.





Agardamos que gocedes das súas lecturas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario