Estas dúas semanas, dentro do Mes da ciencia en galego nas Bibliotecas Escolares, contamos no centro coa exposición "Sen elas non hai Cosmos", da Asociación Visibles. É unha exposición biográfica que pretende visibilizar as achegas de diferentes mulleres científicas no Cosmos.
Coa visita á exposición puidemos coñecer o traballo de mulleres tanto doutras épocas da Historia como Wang Zenhyi ou Cecilia Payne como de mulleres en activo como Ester Lázaro, Alicia Sintes ou Julia de León.
Tamén descubrimos que Valentina Tereshkova foi a primeira muller en ir ao espazo ou que foi unha galega, Antonia Ferrín, a primeira muller en defender unha tese sobre astronomía en España.
Coñecer o traballo de todas estas mulleres pioneiras na ciencia permítenos amosar referentes diversos ao alumnado, reflexionando sobre a igualdade de xénero e promover o pensamento crítico.
Deica pronto!
.jpeg)

.jpeg)

No hay comentarios:
Publicar un comentario